Preguntas frecuentes
Teño que registrarme para poñer un anuncio?
Teño que por cartos para poñer un anuncio?
Como poño un anuncio?
Cales son as normas na publicación dun anuncio?
Como podo incluir imaxes / videos no meu anuncio?
Como podo editar, volver a publicar ou borrar meu anuncio?
Canto tempo vai estar publicado o anuncio?
Fún víctima dun calote/ Sospeito que un anuncio é un calote, que debo facer?
Que debo facer se vexo un anuncio e penso que pode ser un publicidade lixo, ofensiva, está nunha categoría que non lle corresponde ou penso que é ilegal?
Teño que registrarme para poñer un anuncio?
Non, non é preciso rexistrarse para publicar un anuncio Sinxelo.com.
Teño que por cartos para poñer un anuncio?
Todos os anuncios son de Balde. Sinxelo.com é completamente gratis. é de balde tanto para engadir un anuncio como para respostar a un anuncio que poda estar publicado. Non che cobraremos cartos se vendes algo a través de Sinxelo.com.
Como poño un anuncio?
Publicar un anunio é ben sinxelo. Simplemente segue as seguintes instruccións:
1/ Preme "Engadir anuncio" na parte superior das páxinas de Sinxelo.com.
2/ Elixe una categoría.
3/ Ponlle título, prezo (se o ten ou se queres), e unha descición. Tes a opción de engadirlle fotos ou videos e a tua localización.
4/ Logo introduce o teu email e preme o boton "Publicar o teu anuncio".
5/ O final de todo, revisa o teu correo para ver se tés unha mensaxe de Sinxelo.com. Preme na ligazón "Confirmar anuncio" que aparece na menxase que che enviámos e o teu anuncio aparecerá en breve.
Cales son as normas na publicación dun anuncio?
1/ Non se poden duplicar/ repetir anuncios
Só se permitirá un anuncio para un tema / traballo / piso etc por día. Por favor, non publicar o mesmo anuncio máis dunha vez nun día na mesma categoría ou en varias categorías. Con calquera duplicado borraránse os anuncios.
2/ Publicar na categoría correcta
Por favor, tenta publicar o anuncio na categoría correcta. Esto axuda a que podas lograr as visitas correctas e amais axuda ós usuarios a buscar e atopar o que eles queren.
3/ Nada de ligazóns a outras páxinas de anuncios
Por favor, non inclúas liganzóns nos teus anuncios a anuncios de outras páxinas
Sinxelo.com resérvase o dereito de eliminar calquera anuncio que pense ou crea que non sexa relevante, ou careza de valor dos usuarios de Sinxelo.com, con ou sen aviso.
Como podo incluir imaxes / videos no meu anuncio?
1/ Imaxes
Cando vas "Publicar anuncio" ou "Editar anuncio", preme no boton "Buscar..." que aparece ó debaixo do título Imaxes.
Selecciona unha foto do disco duro da túa computadora e preme o botón "OK". A foto debería incluírse no teu anuncio. Podes subir máis de unha foto empregando o mesmo proceso. Recorda que unha imaxe vale máis que mil palabras!
2/ Videos
Cando vas "Publicar anuncio" ou "Editar anuncio", introduce a dirección do teu video en YouTube. O video debería incluírse no teu anuncio automáticamente. Recorda que un video vale máis que mil palabras!
Como podo editar, volver a publicar ou borrar meu anuncio?
Se xa es un usuario rexistrado, podes editar ou borrar os teus anuncios na tua sección de xestión. Se non estás rexistrado como usuario, tívote que chegar un email de "Confirmación de Publicación" de Sinxelo. Neste email tes as ligazóns para editar e borrar o teu anuncio.
Canto tempo vai estar publicado o anuncio?
Os anuncios bórranse automáticamente ós 60 días de ser publicados.
Fún víctima dun calote/ Sospeito que un anuncio é un calote, que debo facer?
Infórmanos do teu problema para ver que podemos facer.
Se fuches víctima dun calote recomendámoste que te poñas en contacto coa policía.
Que debo facer se vexo un anuncio e penso que pode ser un publicidade lixo, ofensiva, está nunha categoría que non lle corresponde ou penso que é ilegal?
Se ves un anuncio e pensas que é ilegal, de algo que está prohibido ou algo que non sexa correcto en Sinxelo.com, por favor, avísanos premendo na ligazón "Informar sobre este anuncio".
Tamén podes informar sobre os anuncios ilegáis poñéndote en contacto connosco a través de "Informar dun anuncio ilegal/infrinxir".